Nas ribeiras do Diala

De que me falades cabaleiro?
De sabres,
de lanzas afiadas na vertixe do tempo?

Das contendas dos xázaros ?

A min as armas de lume,
e a corda e a viga,
e unha caravana invisibel de formigas.

A ti a dor do eterno,
un coitelo, unha orella e un ollo torto.

De que me falades, cabaleiro ?
Dun lugar ?
Dun tempo nas ribeiras do Xabur?

Dun ollo inserto nos esternocleidomastoideos?
Dun Diala de trinta séculos?
Dun cedro petrificado?

Deixareilles a mellor túnica que teño,
unn vaso de viño
 e unha xerra preñada de alento.








Comentarios

Entradas populares